O reconto das sinaturas recollidas polo momento polos colectivos contra o proxecto de campo de golf na Siradella (Plataforma contra o campo de golf, A Figheira do Meco e Colectivo Ecoloxista do Salnés) chega ás 3152 sinaturas, 1055 na Web habilitada a tal efecto e as 2097 restantes en papel.
A procedencia dos asinantes é diversa, dado que se ben moitas son recollidas na propia vila, recolléronse sintaturas de persoas de diversas zonas do territorio galego, estatal e mesmo internacional. Destaca a enorme sorpresa e rexeitamento que dito proxecto provocaba nos asinantes, incrédulos de que un proxecto así se puidese sequera plantexar en plena Rede Natura en un marco de tanta beleza e simbolismo como as abas da Siradella.
A cifra de apoios recollidos pola defensa da Siradella e contra o campo de golf (recollida que continúa) contrasta coa cifra de apoios expresada polos promotores na súa web: 773 persoas no momento de redactar esta nota de prensa.
A acción dos colectivos contra o campo de golf potenciarase este outono, con novas actividades.
Lembra que podes seguir asinando en http://www.peticionpublica.es/?pi=P2011N9014
Me gusta:
Sé el primero en decir que te gusta esta post.